Dataset Viewer
Auto-converted to Parquet Duplicate
ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_58435
O artista coruñés Pepe Galán leva desde os anos 70 vinculado o mundo da arte galega. Recoñecido popularmente polas súas esculturas e intervencións, cando se lle pregunta, prefire ser considerado como un "artista multidisciplinar" máis que cinguirse a unha única etiqueta como a de "pintor" ou "escultor".
Indo polas rúas da casa ao taller e do taller á casa, desprázome co ritmo de liturxia aprendida sobre o empedrado e o formigón... onde case sempre atopo algún dato, algunha novidade... Chega a ser unha relación familiar coa veciñanza e a cidade. Pola mañá gozo da paisaxe urbana mais non podo evitar ser crítico co deseñ...
NOS_47832
Jasper é o nome artístico co que se coñece Pablo Carracedo (A Estrada, 1979), a alma mater da banda de rock metal Nao. O grupo, todo un emblema da música galega, anunciou a súa despedida. Unha viaxe que comeza o día 5 de decembro na Sala Capitol e que levará a Gus, Torroncho, Amós e Jasper por toda Galiza até o 7 de de...
Por que remata Nao cando é unha das bandas máis representativas do panorama musical galego? Houbo un momento en que Nao viu o seu soño cumprido e viu cumprido o obxectivo de termos unha banda que cantase na lingua propia, que transmitise unha mensaxe como a que transmitimos e que fixese un estilo de música que cinco an...
NOS_22435
O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG denunciou as "dificultades" dos maiores de 80 anos para acudir aos vacinódromos.
O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez (PP), criticou esta segunda feira a "mala planificación" do Servizo Galego de Saúde (Sergas) na vacinación a maiores, ao non permitir que se lles inocule a cuarta dose nos centros de saúde de cada concello na primeira chamada, tendo que desprazarse ao hospital de Monforte, a case unh...
NOS_54961
Por primeira vez na historia da competición dous equipos galegos enfrontaranse na última rolda
Xornada histórica para o fútbol sala galego. Por primeira vez dous equipos do país enfrontaranse na final da Copa da Raíña -que poderá verse o domingo ás 12 horas a través de Teledeporte- logo de que Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar eliminasen nas semifinais Alcorcón (5-3) e Universidade de Alacante (1-0), respect...
NOS_20687
Concelleir@s do BNG votan no pleno municipal con sobres na man como protesta polos sobresoldos na cúpula do PP. A moción do grupo popular coruñés para retirar o título de fillo predilecto a Méndez, contou co apoio do BNG e EU e a abstención do PSOE xa que contemplaba a dimisión d@s concelleir@s Mar Barcón e Fernández M...
O pleno desenvolvido esta segunda feira na cidade da Coruña deixou máis dunha estampa. @s concelleir@s do Bloque emitiron seus votos portando sobres en sinal de protesta polo caso de corrupción destapado as pasadas semanas na cúpula do Partido Popular. Pola súa banda, o rexedor coruñés, Carlos Negreira, tomba unha prop...
PRAZA_6988
Os xornais da Mariña luguesa difundiron hai dúas semanas unha ampla información acerca dun feito histórico sen parangón: a compra da antiga Baleeira de Morás polo módico prezo de UN EURO. O vendedor resultaba ser Alcoa e os compradores nós, o pobo, a través do Concello de Xove.
Os xornais da Mariña luguesa difundiron hai dúas semanas unha ampla información acerca dun feito histórico sen parangón: a compra da antiga Baleeira de Morás polo módico prezo de UN EURO. O vendedor resultaba ser Alcoa e os compradores nós, o pobo, a través do Concello de Xove. Os xornais da Mariña luguesa difundiron h...
NOS_3725
O editor e presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado é o novo presidente de Culturgal, a Feira das Industrias culturais que se celebrará do 5 ao 7 de decembro.Entrada a baixo prezo, espazo para a gastronomía, novos patrocinios e máis actividades para profesionais serán algunhas das novidades.
O editor Manuel Bragado é o novo presidente dun Culturgal que comeza a prepararse con importantes novidades como novos patrocinios -en especial do ámbito empresarial-, máis profesionais e un espazo dedicado á gastronomía. Nunha entrevista, publicada no semanario Sermos Galiza xusto despois da celebración da anterior ed...
NOS_5588
A multinacional non asistiu á xuntanza convocada polo Goberno español.
Alcoa non asistiu á mesa multilateral convocada polo Goberno español na tarde desta cuarta feira para tentar desbloquear a situación despois de que a multinacional non chegase a acordo co comité unha vez finalizado o período de consultas do ERE. Unha vez terminado o encontro -que se realizou de forma telemática -, nun ...
PRAZA_7054
Os estudos máis recentes alertan de que "unha proporción moi importante" da poboación que rexeita as agresións físicas de xénero aceptan, en maior ou menor medida, outras formas de maltrato como o control da parella. A Marcha Mundial das Mulleres e outros colectivos feministas animan á mobilización neste 25-N para "des...
"Na súa opinión, a violencia exercida por un home cara á súa muller ou ex muller, parella ou ex parella, é algo inevitable que sempre existiu, aceptable nalgunhas circunstancias ou totalmente inaceptable?". É a pregunta que formulou o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) nun dos estudos máis recentes do Estado a...
NOS_45284
"Queremos mostrar o orgullo do noso baile e música, que non é pasado, é presente", afirmou Ana Pontón, quen acusou á Xunta de "non facer os deberes tampouco nesta materia".
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, avanzou que o seu grupo parlamentario defenderá no Pazo do Hórreo unha iniciativa para que se declare ben de interese cultural (BIC) inmaterial a música, canto e baile tradicional galego. Aliás, reclamará a creación dun observatorio para avaliar o est...
NOS_14398
A área pública da CIG realizou concentracións nesta quinta feira diante da Delegación do Goberno na Coruña e nas Subdelegacións de Pontevedra, Lugo e Ourense en demanda da retirada da reforma que o Ministerio de Función Pública quere introducir no Estatuto Básico do Empregado Público. Desde a CUT anuncian unha folga xe...
A modificación do Estatuto Básico do Empregado Público que está a levar a cabo o Ministerio de Política Territorial está a levantar as suspicacias entre algunhas forzas sindicais galegas. Un dos motivos é a suspensión das reunións previstas na Mesa Xeral das Administracións Públicas na que participan a CIG, ELA, CCOO, ...
NOS_17715
Algunhas poetas rebélanse contra o canon. Foxen da corrente dominante e, aos poucos, constrúen territorios de seu. Foi este o caso de Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2004) a respecto da poesía da Xeración dos 80. Deféndeo a profesora, crítica e antóloga María Xesús Nogueira (A Estrada, 1968) na Introdución á Poesía reun...
Por que reunir a poesía de Xela Arias? O principal motivo é que a poesía de Xela non estaba accesíbel. Atopábase descatalogada e só se podía consultar en bibliotecas. Por unha banda, hai un interese en reivindicar a figura de Xela Arias por parte de poetas e de críticos. Pola outra, está o tema do propio ensino: fálase...
NOS_22362
«Hai persoeiros en que a vida é tan importante como a súa obra. Acontece, para min, con Castelao. Noutros, como Losada Diéguez, fundamental para a estrutura da Xeración Nós a vida é mesmo máis importante que a obra. Este é tamén, sen dúbida, o caso de Ben-Cho-Shey. Eu quero chamar a atención sobre a importancia da súa ...
Ben-Cho-Shey, de nome real Xosé Ramón Fernández-Oxea, finou en Madrid hai 31 anos. Nacera en Ourense en 1896. A súa biografía responde a todas as paixóns daquel século: o intelectual galeguista que se mete en política, o desterrado que sobrevive no exilio interior pero non renuncia a certas intervencións públicas, o in...
PRAZA_3033
Boa parte dos acordos de investidura están condicionados á aprobación duns novos orzamentos xerais, pero hai decisións que xa contan con apoios suficientes e que o Congreso podería acelerar
Boa parte dos acordos de investidura están condicionados á aprobación duns novos orzamentos xerais, pero hai decisións que xa contan con apoios suficientes e que o Congreso podería acelerarBoa parte dos acordos de investidura acadados entre o PSOE e Unidas Podemos-Galicia en Común, por unha banda, e o BNG, por outra, e...
NOS_41088
As 13 estampas da traizón son debuxo militante, arte de axitación e propaganda, comunicación esteticamente relevante a prol da II República en plena Guerra Civil. O álbum gráfico de Luís Seoane (Bos Aires, 1910-A Coruña, 1979) poderase ver nunha mostra que este 11 de setembro ás oito do serán se inaugura no salón do Ar...
A exposición, organizada pola Fundación Luís Seoane e a Universidade de Santiago de Compostela, explica esta "contribución á campaña de propaganda de guerra levada a cabo pola II República, dirixida cara ao exterior". E non queda apenas nos deseños de Seoane: amosa ademais a participación dodoutras artistas galegas daq...
NOS_41257
Reunións cordais mais que non deron ningún resultado produtivo. Tanto a portavoz do BNG, Ana Pontón, como o secretario xeral do PSdeG, González Formoso, coincidiron onte en lamentar que as respectivas reunións oficiais co presidente galego non se traducisen en acordos. Unha "decepción"que non partilla Alfonso Rueda.
"Decepción" pode ser a palabra que mellor defina para a líder da oposición e portavoz do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, as respectivas xuntanzas que ambos os dous mantiveron —por separado— co presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda. "Para que se nos convoca se non quere ...
PRAZA_15126
A teoría neodarwinista non é aplicada pola dereita española só á cidadanía, senón ao mesmísimo modelo territorial, sendo as nacionalidades históricas e periféricas as peor situadas para adaptarse a un medio tan hostil. Porque o Estado español nunca se sentiu ligado a Galiza. Só nos momentos en que lle interesa obter ré...
Cando Charles Darwin escribiu A orixe das especies non imaxinou que a súa teoría da evolución chegaría a ter unha repercusión política tan importante na periferia europea como a que está a ter xa ben entrado o século XXI. Actualmente, entre os neoliberais que desgraciadamente nos gobernan, subxace a idea de que os pobr...
PRAZA_4137
A plataforma creada por varios veciños de Sada logrou vendas por valor de máis de 6.000 euros de produtos e servizos que se poderán gozar coa reapertura dos máis de 50 locais que se asociaron á iniciativa solidaria.
A poucos días de que mesmo os locais de hostelería, con moitas restricións, poidan reabrir as súas portas, veciñanza de Sada prepárase para adquirir por fin os produtos ou gozar dos servizos que mercou por adiantado durante este confinamento. Foron moitas as persoas que quixeron axudar os seus negocios favoritos, aos d...
NOS_52729
Compostela Aberta levará mañá quinta feira a pleno do Concello unha moción na que insta ao Ministerio de Fomento e a Aena a incorporarlle o nome de Rosalía de Castro ao aeroporto de Lavacolla.
Segundo o Executivo compostelán, para esta proposta contan co apoio da Fundación Rosalía de Castro, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega. Trátase dunha petición, xa que o Concello non ten competencias para cambiar o nome do aeroporto, que recaen no Ministerio de Fomento e na compañía pública Aena. O no...
NOS_50034
Vicente Pérez Muñuzuri deixa o seu cargo despois de dez traballadores do servizo meteorolóxico galego seren despedidos após unha decisión da consellería de Medio Ambiente que dirixe Ethel Vázquez.
Vicente Pérez Muñuzuri deixará de ser o director de Meteogalicia, o servizo meteorolóxico público galego, moi seguido e que desde a chegada do PP ao poder vive en tensión ante as constantes noticias que fan referencia á súa desaparición xa que o Goberno central considera que "duplica" ao mesmo organismo estatal, malia ...
NOS_6281
O tenente de alcalde de Lugo, Ruben Arroxo, recibiu na terza feira varias ameazas de morte a través de pintadas en rúas polas que pasa "frecuentemente". O nacionalista asume o acontecido mentres segue a traballar por un Lugo "dinámico" e "plural", algo que, segundo remarca, "non soporta a ultradereita".
—É a primeira vez que recibe ameazas deste tipo? En pintadas nas rúas si. Ou polo menos é a primeira vez da que temos constancia. Si que teño recibido ameazas polas redes sociais, de perfís falsos claramente identificados con persoas que simpatizan coa ultradereita. Lugo é unha cidade moi tranquila, non adoitan ocorrer...
PRAZA_5509
O TSXG anula a creación de novos postos para relevar o secretario e a interventora municipais, que segundo presuntos implicados no caso Pokémon "torpedeaban" as operacións de Conde Roa e Espadas.
A finais do ano 2011 o PP levaba menos de medio ano gobernando no Concello de Santiago. Con Gerardo Conde Roa na alcaldía e Ángel Espadas como responsable do seu gabinete, boa parte dos esforzos de ambos encamiñábanse, segundo se tira das revelacións do sumario da operación Pokémon, en prorrogar o contrato que o consis...
NOS_56249
Participarán figuras internacionais deste deporte como Manuel Pellegrini, técnico do Real Betis Balompé ou Diego Martínez, ex adestrador do Granada CF.
A cidade de Compostela concentrará a atención deportiva os vindeiros días 12 e 13 de novembro coa realización do congreso internacional "O camiño do fútbol", organizado pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e a Real Federación Española de Fútbol (RFEF). A cita será no Pazo de Congresos e Exposicións da Galiza e ...
PRAZA_15496
O PP accede á creación da comisión de investigación sobre as antigas entidades de aforro galegas máis dun ano despois de que a oposición a solicitase por primeira vez e no medio da incerteza sobre o futuro de Novagalicia Banco
A enésima foi a vencida. Máis dun ano despois de que a oposición parlamentaria -o PSdeG, concretamente- reclamase formalmente a creación dunha comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro galega, o seu proceso de fusión, a creación de Novagalicia Banco e as indemnizacións dos antigos directivos, o PP acc...
PRAZA_3594
Provocan inquedanza posibles contaxios que obriguen a corentenas a todo o persoal dunha explotación, que son habitualmente familiares, e ninguén se poida ocupar dos animais
Os habitantes do rural de Galicia están afrontando a crise polo coronavirus "con preocupación, pero sen histeria", segundo o secretario xeral de Unións Agrarias (UUAA), Roberto García. A responsable do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, cre que a ausencia de aglomeracións e a produción de alimentos do camp...
PRAZA_13139
A crise dispara o número de desempregados de moi longa duración, que aumentou un 43% no Estado durante 2011, segundo datos do INE. Tan só o 2,5% dos contratados conseguiu traballo grazas á intermediación dunha oficina do INEM.
O drama da crise, o drama do paro. O número de desempregados que deixou o seu traballo tres anos antes ou máis aumentou un 43% no pasado ano, até alcanzar os 704.900, de tal forma que o peso deste colectivo sobre o total de desempregados alcanza xa o 15,4%, unha porcentaxe case catro puntos (3,9) superior á de 2010, se...
NOS_9502
Contos que forman un marco especialmente interesante para o libro e que se caracterizan pola construción profunda dos seus personaxes, da súa forma concreta de ver o mundo e da súa relación con el, moi mediada pola condición de científicos
Cunha mudanza notábel nos últimos anos, a unión de ciencia e cultura foi unha das grandes materias pendentes da literatura galega. Foino na súa dimensión máis lúdica, cunha ficción científica de aparición tardía e cunhas características moi particulares no noso contexto. Pero tamén demorou a súa irrupción en territorio...
NOS_35991
Leonor Parcero, presidenta da asociación galega de comunicación científica desde 2015. O 3 de xuño participará nun faladoiro organizado por CaixaForum en Madrid sobre divulgación científica nas linguas cooficiais do Estado español. Nós Diario interesouse pola situación lingüística neste ámbito.
-Como será a súa intervención? Goza de boa saúde a divulgación científica en galego? Explicarei a situación do galego ao longo da historia, desde o momento en que era lingua culta, os séculos escuros e a parte do franquismo en que o galego pasou a ser proscrito e quedou ese estigma como de pobres e non de cultura. Aínd...
PRAZA_4913
A media de desempregados en Galicia case se triplicou desde 2007 e a taxa actual é case 15 puntos superior á de hai seis anos; do 7,6% ao 22%.
As estatísticas volven amosar a elevadísima destrución de emprego que a crise está a provocar no país. Tal e como se tira dos datos publicados o pasado venres polo INE -correspondentes á media anual dos catro trimestres de 2013 da EPA- o número medio de parados en Galicia no ano pasado situouse nas 282.600 persoas, o q...
PRAZA_18800
A Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas organizou unha viaxe reivindicativa para denunciar a situación dos servizos ferroviarios do norte de Galicia. A mobilización partiu de Ferrol e á Coruña para atoparse en Betanzos
A Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas organizou este domingo unha viaxe reivindicativa para denunciar a situación da liña ferroviaria entre A Coruña e Ferrol. Dous grupos de persoas partiron das dúas cidades, para acabar confluíndo en Betanzos. Alertouse ademais sobre a situación doutras liñas do nort...
NOS_20001
Hai 60 anos, o 21 de xaneiro de 1961, un grupo de revolucionarios apoderouse pola forza do barco portugués 'Santa María', rebautizándoo ao pouco en 'Santa Liberdade', para denunciar diante do mundo as ditaduras ibéricas, a situación social dos seus pobos e o problema nacional do Estado español.
Foron 24 comandos, maiormente galegos, pero tamén portugueses, cataláns e algúns españois, os que subiron ao 'Santa María' na noite do 21 de xaneiro de 1961 para dar comezo a unha acción que ficou para sempre na lembranza da loita antifascista e no libro aínda por escribir da resistencia do nacionalismo galego contra a...
PRAZA_16499
Nas universidades de Santiago e Vigo constituíronse asembleas de traballadoras e estudantes para apoiar a mobilización, con demandas específicas para os seus ámbitos. Piden rachar os teitos de cristal, loitar contra as agresións machistas e o acoso nos Campus ou introducir a perspectiva de xénero nos temarios. As xorna...
As xornalistas galegas demandan #IgualdadeDePrensa A universidade será un dos lugares nos que a folga xeral de mulleres deste xoves terá un maior impacto. Non só por tratarse dun espazos máis feminizados (máis do 60% do alumnado son mulleres, máis da metade do persoal de administración e servizos, máis do 40% do persoa...
NOS_35105
Igreja baptista de Mississipi (EEUU) nega-se a casar duas pessoas de raza preta malia seren feligreses
A história é contada pela estação de televisão norte-americana ABC, segundo reporta o jornal portugués Público. Andrea e Charles, parelha preta, eram frequentadores da Igreja Baptista de Crystal Springs, no Mississipi e, quando decidiram casar religiosamente, escolheram-na. O pastor, Stan Weatherford, marcou a cerimóni...
NOS_39420
O comisario de Competencia da UE, Joaquín Almunia, recomenda ao FROB que manobre para que naqueles bancos en que ten participación, como Novagalicia Banco, se presione para recortar o cadro de persoal e pechar oficinas
Bruxelas está decidia a afondar e acelerar o que cualifican de redimensión das entidades financeiras nacionalizadas, aquelas que como Novagalicia Banco (NGB) teñen unha alta participación do FROB. Nesta liña, o comisario de Competencia da Unión Europea, Joaquín Almunia, está a presionar o Fondo de rescate e ordenación ...
PRAZA_15973
MAPAS INTERACTIVOS | O INE vén de publicar os datos do Padrón municipal correspondentes ao 1 de xaneiro do 2017. Só 48 localidades incrementaron o seu número de habitantes con respecto ao ano anterior e 264 reducírono. Medio cento de vilas perderon máis dun terzo dos seus empadroados e empadroadas dende 1998. Consulta ...
Consulta aquí a evolución da poboación no teu concello O INE vén de publicar os datos do Padrón municipal correspondentes ao 1 de xaneiro do 2017, que confirman o forte devalo demográfico que sofren unha parte importante dos concellos galegos. En concreto no último Padrón só 48 gañaron poboación, mentres que 264 -ao re...
PRAZA_15513
A empresa galega Taptil lanza a app Pandeireta Pro, que permite facer soar este instrumento nos smartphones e tablets de Apple. A aplicación emprega sons gravados de pandeiretas reais e está pensada para que calquera tipo de usuario poida utilizala.
Chega o nadal e este ano non haberá excusa para non tocar a pandeireta se non atopamos algunha pola casa. A empresa galega Taptil lanza a app Pandeireta Pro, que permite facer soar este instrumento nos smartphones e tablets de Apple. A aplicación emprega sons gravados de pandeiretas reais e está pensada para que calque...
NOS_28116
O sinistro do Rallie da Coruña que tivo lugar na tarde de onte en Carral e na que faleceron seis persoas volve pór sobre a mesa as condicións de seguridade das carreiras de coches.
As condicións de seguridade que deben imperar nos rallies volve estar, lamentabelmente, de actualidade, despois do tráxico accidente que tivo lugar no día de onte en Carral, nun tramo do Rallie da Coruña. O sinistro, no que faleceron seis persoas e resultaron feridas 16, unha delas de extrema gravidade, tivo lugar cand...
NOS_15038
A Iniciativa Galega pola Memoria esixe a "pronta e fonda" investigación sobre o atentado ao monumento á memoria na Cruz de Maceira, en Marín. É a segunda vez que aparece pintado desde que se inaugurou hai dous anos.
A Iniciativa Galega pola memoria, que agrupa a entidades e asociacións memorialísticas, esixe das autoridades competentes a "pronta e fonda investigación sobre o acontecido", e que se establezan as medidas e sancións correspondentes. A agrupación de entidades de recuperación da memoria condenaron a través dun comunicad...
NOS_44545
O concello de Pontevedra é finalista como mellor proxecto europeo de aforro enerxético nos X Premios Europeos de planificación urbana e rexional. O concello conseguiu a redución de máis dun 60% no consumo de combustíbeis fósiles.
O modelo de transformación urbana de Pontevedra recibe un novo recoñecemento por parte do presidente do xurado dos X Premios Europeos de planificación urbana e rexional, Peter Wiber, quen destacou a candidatura da cidade galega pola súa sustentabilidade enerxética. A redución de máis do 60% no consumo de combustíbeis f...
NOS_48985
Pontón (BNG) ínstao a defender os intereses de país e a abordar "de ti a ti" con Madrid un novo financiamento. Luis Villares (En Marea) criticou a falla de vontade de Xunta e goberno español para que Galiza estea nunha infraestrutura tan determinante como o corredor atlántico. Unha falla de vontade que Xaquín F. Leicea...
O Parlamento acolleu esta terza feira unha nova sesión de control ao presidente, unha comparecencia que o presidente despacha como un simple trámite e no que se centra máis en atacar a oposición que en responder as preguntas que lle formulan os portavoces dos grupos parlamentares. Independentemente das cuestións que se...
NOS_19116
O presidente da Xunta admite en público o que é unha evidencia. Os servizos de urxencias dos hospitais públicos están desbordados, tal e como veñen denunciando nas últimas semanas a representación dos traballadores dos centros da Coruña, Vigo ou Compostela. "Por suposto que hai cousas que mellorar", afirmou na comparec...
O cadro de persoal dos diferentes centros públicos denuncia a situación e considéraa consecuencia, sobre todo, das políticas de retalladas e austeridade que os gobernos de Feijóo aplican con constancia desde 2009. Doentes amoreados nos corredores, horas e horas de espera ate a primeira revisión médica e quendas de trab...
NOS_54623
En agosto do 2000 a vida de Avelino Basanta (Muimenta, 1977) cambiou para sempre logo de que un accidente lle custase unha perna, así como moitas outras secuelas físicas. Porén, a desgraza non impediu que perseguise o seu soño de pór un pé no mundo do rally, paixón que compaxina coa solidariedade.
Como foi a súa primeira toma de contacto co mundo do rally? Foi grazas a un amigo meu que ía dar o salto a un volante aló polo ano 2005, pero non tiña copiloto, así que ofrecinme eu e el animoume a que o fixese. Era un mundo que xa lle chamaba a atención ou xurdiu o interese a raíz desa oportunidade? Non, a velocidade ...
PRAZA_15284
Carlos Callón presenta o seu novo libro, un volume con "consellos prácticos" para empregar o idioma "con corrección e fluidez" na vida cotiá. Audio no interior
Como pasar de ser "galegocalante" a exercer de "galegofalante"? Hai "palabras inventadas" na lingua galega? Por que agora é "grazas" e non "gracias"? Que dis cando dis "matar o rato"? Son algunhas das preguntas que é posible responder coa lectura de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, o novo libro...
NOS_8070
Insta á Xunta a incoar un expediente disciplinario
O BNG, a través do deputado Luís Bará, presentou no Parlamento galego durante a xornada de onte unha proposición Non de Lei para reprobar a actuación do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, quen recentemente foi condenado a dous anos de prisión e oito de inhabilitación para o exercicio de cargo púb...
NOS_32274
A presión fiscal ás rendas medias e baixas na Galiza está por riba da media
Esta semana arrancou a campaña de Renda e Patrimonio 2020. Milleiros de galegos e galegas están chamadas a render contas coa Axencia Tributaria. Mais a falla de uniformidade nos tipos impositivos dos distintos territorios, cuestión que desde o Goberno estatal queren abordar, fai que non paguemos o mesmo que en Asturias...
PRAZA_12946
Un NPC terá que superar as súas propias encrucilladas. As próximas eleccións autonómicas son unha delas. A fasquía das posibles candidaturas, pero tamén, sobre todo, un programa que defender nas institucións. E asemade, a gran determinación: ou se lle dá a luz a un partido máis do sistema, unha maquinaria electoral con...
En tempo de tribulación, non facer mudanza. En tan sabia sentenza de Ignacio de Loyola, poida que algo de verdade haxa, se nos guiamos pola capacidade xesuítica de resistir os embates dos tempos adversos. Tamén na política callou, se cadra porque os beneficios de non facer mudanza apuntan mellor na conta da organizació...
NOS_31612
Volven descender en máis de 400 as PCR feitas en 24 horas, pero a positividade é inferior a 5% na maioría das áreas sanitarias do país.
Os positivos por coronavirus detectados nas últimas 24 horas na Galiza volveron caer, concretamente até os 355, o que supón unha baixada de 71 con respecto á cofra notificada hai un día. Con todo, rexistráronse subidas na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, en Pontevedra-O Salnés e, aínda que en menor medida, na ...
PRAZA_3670
Está claro que asistiremos mais unha vez a un menoscabo dos nosos dereitos que non voltarán. Mais temos que ser quen de aproveitar ao máximo os buraquiños que nos deixa o sistema para tratar de mudalo
Na semana pasada, antes de que comezasen as rápidas (mais tardías) mudanzas da grave crise que estamos a viver, íamos recibindo aos poucos noticias de como ían pechando, a golpe de resolucións municipais, museos, teatros e bibliotecas en toda a Galiza e Portugal. Días antes de pechar os bares e discotecas pecharon as s...
NOS_7794
Seguramente o mellor disco de metal que escoitaremos en 2022
I é o novo traballo de Arrhythmia e seguramente o mellor disco de metal que escoitaremos en 2022. Estou gratamente sorprendido co novo traballo dos nosos amigos lucenses. Soa fresco, duro, dixital, mesturado coa forza das guitarras analóxicas, e é ademais, moi melódico. Sempre dixen de Arrhtythmia que eran unha banda x...
NOS_22663
O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo estimou, de forma parcial, o recurso que interpuxera a Xunta polas accións administrativas de 2016.
O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo ditou unha sentenza en que anula a posta en funcionamento da área metropolitana. Desta maneira estimou parcialmente o recurso interposto pola Xunta da Galiza contra as actuacións administrativas relativas á constitución deste ente supramunicipal, por non estar in...
NOS_43902
11 persoas permanecen nas unidades de coidados intensivos e rexístranse dúas novas mortes
Segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade, ante a última actualización dos datos rexístranse 884 casos activos de coronavirus na Galiza. Deles 221 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 127 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 151 da de Santiago, e 28 da de Ferrol....
NOS_48390
A residencia de maiores de San Rosendo no Incio, que permanece intervida pola Xunta, non estuda o "fechamento" tras rexistrar un brote da Covid-19 que afecta un total de 113 casos, 87 residentes e 26 traballadoras e traballadores.
Os datos actualizados hoxe supoñen que case un de cada tres maiores está infectado de Covid-19 nesta residencia, ademais do persoal que atende as persoas usuarias, que suman outros 18 que se incorporan aos outros 8 infectados de anteriores probas. De momento, foron tres as persoas falecidas relacionadas con este surto....
NOS_40465
O deputado Luis Bará anunciou esta segunda feira que ten previsto impulsar varias iniciativas parlamentarias para pelexar pola "paralización cautelar" da nova explotación enerxética, que considera moi negativa para un enclave natural a preservar.
Co proxecto para construír un parque eólico na serra do Galiñeiro aínda avanzando, o BNG uniuse a outros colectivos como a plataforma Serra do Galiñeiro para denunciar que esta actuación sería "agresiva e aberrante" para un enclave natural que ten un gran valor. Co obxectivo de paralizar, aínda que sexa de forma "caute...
PRAZA_14578
Cre que nas declaracións do ex presdiente do Consello Xeral da Cidadanía Española pode existir un delito de "provocación á violencia contra as mulleres" e pide a Feijóo e Fátima Báñez que "se desculpen publicamente polo seu nomeamento".
A secretaria de Igualdade do PSOE, Purificación Causapié, vén de presentar unha denuncia ante a Fiscalía Xeral do Estado para que investigue as declaracións do que xa é ex presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, José Manuel Castelao Bragaña polas declaracións nas que afirmou que "as leis son com...
PRAZA_2858
O SLG desmárcase do acordo que si asinaron XXAA e UUAA, que aclaran que non é a solución aos baixos prezos que reciben as explotacións galegas. Mulleres gandeiras maniféstanse en Lugo mentres se manteñen os bloqueos a varias áreas comerciais.
A Interprofesional Láctea (Inlac) aprobou este mércores o contrato homologado entre gandeiros e industria para o subministro do leite. O colectivo que agrupa representantes de produtores, industrias e cooperativas deu o visto e prace ao acordo co apoio de Asaja -que en Galicia representa Xóvenes Agricultores-, UPA (Uni...
NOS_9127
Miles de persoas anegaron a zona vella da capital galega na mobilización convocada polo Bloque Nacionalista Galego baixo o lema "Galiza, un novo impulso. Soberanía, Traballo, Democracia". A choiva non desanimou a asistencia á cita. Entre paraugas, bandeiras, faixas e impermeábeis, xentes chegadas de todas as partes con...
"Aínda que chove o nacionalismo non encolle e menos o Día da Patria Galega". A afirmación da deputada Olalla Rodil desde o palco a medida que ían entrando na Praza da Quintana as miles de persoas que tomaban parte na manifestación do BNG foi certa. Por volta de 20.000 persoas, segundo fontes da organización, tomaron pa...
NOS_58134
Suspendidos o traslado de doentes e profesionais ao novo complexo hospitalario por risco de infeccións. Retrásase a posta en marcha en diversos servizos.
Suspendido o traslado de doentes e de profesionais ao novo hospital de Vigo, o 'Álvaro Cunqueiro', segundo confirmaron fontes sindicais xa a primeira hora da mañá e confirmaron despois desde o Sergas. O presidente da Xunta de Persoal, Ángel Cameselle, sinalou a EP que souberon da paralización porque "mandos intermedios...
End of preview. Expand in Data Studio

Dataset Card for summarization_gl

summarization_gl is a dataset in Galician language that contains automatically extracted summaries and their corresponding texts from the following Galician websites: Nós Diario, Que pasa na costa and Praza pública. It has a total of 80.829 items. Each item contains an id, a summary and its corresponding text, see below for more details.

  • Curated by: Proxecto Nós
  • Language(s) (NLP): Galician
  • License: CC BY 4.0

Dataset Sources

Uses

This dataset can be used for fine-tunning, instruction and evaluation of the summarization task in text models.

Dataset Structure

The dataset is comprised of three JSONL files, one for each split (train/test/validation). The data in each split has been shuffled.

  • Train: 56.600 items
  • Test: 16.200 items
  • Validation: 8.080 items

Data Fields

  • id: str. Contains the ID of the summary/text. It indicates the news website from where the summary/text was extracted and its ID number.
  • summary: str. Contains the summary of the news article.
  • text: str. Contains the full news article.

Example:

{
'ID': 'NOS_58435',
'summary': 'O artista coruñés Pepe Galán leva desde os anos 70 vinculado o mundo da arte galega. Recoñecido popularmente polas súas esculturas e intervencións, cando se lle pregunta, prefire ser considerado como un "artista multidisciplinar" máis que cinguirse a unha única etiqueta como a de "pintor" ou "escultor".',
'text': 'Indo polas rúas da casa ao taller e do taller á casa, desprázome co ritmo de liturxia aprendida sobre o empedrado e o formigón... onde case sempre atopo algún dato, algunha novidade... Chega a ser unha relación familiar coa veciñanza e a cidade. Pola mañá gozo da paisaxe urbana mais non podo evitar ser crítico co deseño do espazo común. E cativo, e non educa. Con pouco pódese facer a vida diaria da cidadanía mais agradábel, que menos! Un carballo, un bidueiro… Vou ollando mentres os meus pasos me levan polo centro da calzada para ter boa perspectiva, ou pola beirarrúa onde sei das peores pingueiras. Reparo na pegada impresa no chan dunha folla de carballo, que é unha paisaxe en si mesma, ou na sombra retallada das arbores espidas nas paredes. Observo e controlo como van as obras na vía pública. En cada xornada miro con esperanza de ver algún signo que me faga pensar, aí vai un carballo, un bidueiro… Normalmente o resultado é desilusiónante. Penso que as autoridades do ramo, teñen alerxia á vexetación… De volta poño o automático e a cabeza vai ao seu, constrúe e modifica as esculturas nun virtual 3D. Son esas a medio facer que fican baixo chave, durmindo na soidade do obradoiro, inmóbiles, ou iso creo… As veces penso nas pezas soas dunha sala de exposicións coma mortos nun tanatorio… Deberían ter a luz acesa, ser visitadas de noite… precisan ser observadas. Boto un ollo polo burato Hai pouco, en Monte Alto, o barrio en que nacín (como o tango), de súpeto, atopei un anaco de espazo-tempo da miña infancia. Boto un ollo polo burato que deixou una pedra no cristal, ipso facto teletransporteime a segunda metade dos 60.Si, alí estaba eu, debuxando con Xaime e Gilberto nunha mesa grande para tres. Non era a miña clase habitual, mais foi como un 'apartheid positivo', seguramente por ser malos estudantes (polo menos eu) ou para facer prácticas de debuxo (dábasenos ben) con motivo dalgún exame. Gilberto e mais eu estudabamos no Centro, non así Xaime, que chegou por sorpresa, posibelmente collido por unha orella. E tal como veu, así se foi... Aquel apartheid durou nada, logo cadaquen ao seu… Un dos profesores, o que nos confinou, chamábase Don Pedro, que algunha vez, por baixa, fora substituído por unha moza chamada Ánxeles Penas. O colexio era un tanto peculiar para un barrio obreiro, boas instalacións con certa modernidade. No recreo dábannos unha garrafiña de leite Leyma (plus alimenticio ao estilo da época). Nunca vira ese tamaño cativo e ,certamente, a media mañá, prestaba… Un gran templo no máis alto de Monte Alto Don José mandaba! A Caixa de Aforros era quen subvencionaba a escola… Porqué este apoio social? O párroco Don José era conselleiro desa entidade. Co tempo chegou a construír un gran templo no máis alto de Monte Alto. Don José mandaba! Como senón ía vir confirmar o Cardeal Quiroga Palacios nesta igrexa de barrio situada preto da Torre de Hércules? Anos máis tarde chegou Don José, como cliente que era, á xastrería da miña familia e sen moito rodeo propúxome facer un mural. Na miña cabeza xa estaba instalada a abstracción pictórica… Pero falando de ti a ti co párroco, permitinme rexeitar a oferta, púxenme farruco, entrando nunha conversa na que con certa vehemencia, cuestionaba a relixión que el representaba e a idea preconcibida que eu tiña dun mural relixioso… Hoxe non a rexeitaría sen reflexionar, porque todo é interpretábel desde a perspectiva artística… Xa se sabe: "xente nova e leña verde todo e fume". O Santuario de Aránzazu, é un excelente exemplo do que falo. O cura obreiro Hai poucos anos a través dun amigo arquitecto, souben que ao párroco lle chamaban "o cura obreiro". Por que?, preguntei. Porque era quen de arremangarse e botar unha man na construción do novo templo de barrio. Con Xaime Cabanas, grande artista plástico, compartín moitas historias, xa non fica entre nós. A Gilberto non volvín a velo. Don Pedro finou hai anos. Con Ánxeles Penas, magnífica poeta e artista plástica en activo, comparto amizade e admiración polo seu saber.'
}

Funding

This dataset was compiled within the Nós Project, funded by the Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública - Funded by EU – NextGenerationEU within the framework of the project ILENIA with reference 2022/TL22/00215336.

Downloads last month
59

Collection including proxectonos/summarization_gl